O CAMIÑO DE SANTIAGO


O Camiño de Santiago é un importante vehículo de comunicación cultural e relixiosa entre os europeos e un símbolo compartido entre os países e rexións que conforman a Unión Europea. Dende a Idade Media foi utilizada polos peregrinos na súa viaxe a Santiago de Compostela, a ciudad que venera as reliquias do Apóstolo Santiago.


A maioría dos peregrinos chegan a Santiago a través da vía chamada “Camiño Francés”, pero existen outras 6 rutas históricas polas que realizala peregrinación. O Camiño Francés es sen dúbida o máis coñecido e utilizado por todos eles. Entra en España por Roncesvalles e Somport, nos Pirineos, e pasa a través das Comunidades Autonómicas de Aragón, Navarra, A Rioxa, Castela e León antes de chegar a Galicia.


Tamén chamado o Camiño “Xacobeo”, o Camiño de Santiago foi galardoado coma Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985 e declarado o Primeiro Itinerario Cultural Europeo polo Parlamento Europeo.




Máis información

Xacobeo 2010



pie de paginapie de pagina