FITCE 2010, ¿POR QUÉ SANTIAGO DE COMPOSTELA?


O 49º Congreso FITCE terá lugar en Santiago de Compostela para coincidir co Ano Santo “Xacobeo”, que se celebra cando o 25 de xulio coincide en domingo. Unha coincidencia que non volverá a suceder ata o 2021.


Esto quere dicir que no 2010 Santiago de Compostela será a anfitriona de máis de 10 millóns de peregrinos de tódalas partes do mundo que seguirán o Camiño de Santiago para mostralo seu respeto ós restos do Apóstolo Santiago que están aterrados alí na Catedral.



O LUGAR DO CONGRESO: SANTIAGO DE COMPOSTELA,

CIDADE PATRIMONIO DA HUMANIDADE



A cidade de Santiago de Compostela é a capital de Galicia. Galicia é unha das 17 Comunidades Autonómicas de España. A Xunta de Galicia (o poder ejecutivo) está ubicado aquí, igual que o Parlamento Galego (o poder lexislativo). Santiago de Compostela ten casi unha poboación de 100,000 habitantes e é un dos tres centros espirituais de peregrinación da Cristiandade xunto con Roma e Xerusalén.


A súa economía nutrese de sectores moi diversos, a Universidade, a sede administrativa do goberno autonómico galego, o turismo cultural e a industria, especialmente a industria madereira. A súa fama nestos últimos anos xunto coa revitalización das peregrinacións (o Camiño de Santiago) fixeron dela un destino punteiro gracias á presenza anual de millóns de visitantes.


Santiago de Compostela é Cidade Patrimonio da Humanidade dende 1985. É unha honra concedida pola UNESCO, tendo considerado que a súa beleza urbana e monumental é o complemento perfecto ó significado espiritual coma santuario apostólico e destino do movemento máis importante relixioso e cultural da Edade Media: o Camiño de Santiago.



INFRAESTRUCTURAS


A Capital de Galicia, Santiago de Compostela está xeográficamente situada no centro da Comunidade Autonómica, de fácil acceso por estrada, tren e avión. O aeroporto internacional de Lavacolla é o aeropuerto principal de Galicia e dispón de voos internacionais e intercontinentais.


Fácil acceso, excelentes instalacións hoteleiras e modernas infraestructuras especialmente dirixidas ós congresos e simposios que completan o perfil da capital galega como destino de turismo profesional. Todas estas circunstancias fixeron de Compostela un destino preferente para os asistentes a congresos de todo o mundo.





pie de paginapie de pagina